Plan Estratéxico

Novidades

Boletíns

Comunicación

Opinión

Contacto

Enlaces

Concellos

Mapa da Web

Idioma
galegocastellano
galegocastellano


Obxectivos Saúda do Presidente Organigrama  Fases Inicio

Saúda do Presidente

Benvidos á páxina web do Plan Estratéxico 2010 para a provincia de Pontevedra, que a Deputación que teño a honra de presidir está levando a cabo dende principios de 2004.
Dende a Presidencia do organismo provincial considerouse necesario iniciar un proceso de reflexión estratéxica conxunta coas institucións, empresas e sociedade civil en xeral da provincia de Pontevedra, como medio para acadar a mellora da mesma e por extensión dos seus ciudadáns.
A experiencia acumulada nestes últimos anos indicanos que o deseño e formulación de accións de desenvolvimento non pode levarse a cabo sen a colaboración activa de todolos axentes sociais e económicos do territorio, e en especial, de todalas administracións locais da provincia.
A Deputación de Pontevedra pretende, no marco do presente Plan, definilas líñas de traballo do organismo provincial para os próximos anos coa finalidade de situala provincia de Pontevedra entre os territorios de referencia a nivel rexional, nacional e internacional.
Coa elaboración deste plan, que esperamos que vexa a luz na primavera de 2005, pretendemos reforzala colaboración e implicación con outras institucións e axentes sociais, identificar necesidades e líñas de traballo a nivel provincia e seleccionar actuacións prioritarias, transformando as líñas de traballo en proxectos concretos.

Todo elo, có ánimo de mellorala posición competitiva da provincia, dende unha perspectiva de desenvolvimento sostible e equilibrado.
Para a realización do mesmo, firmouse un convenio con Caixanova, que a traverso da sua obra social e da sua Escuela para las Administraciones Públicas e de Escuela de Negocios, conta con unha estructura técnica e humana sobradamente capacitada e solvente para a realización de estudios e diagnósticos con obxetivos ambiciosos como os deste presente plan.
Esperamos que o percorrido que vai a emprender por esta páxina web lle sea de suma utilidade, ó tempo que lle suxiro nos remita calquera comentario para o enriquecimeento do plan, que en definitiva é o desenvolvimento da provincia de Pontevedra.

Rafael Louzán Abal









Pulse aquí para enviarnos un
Correo