Plan Estratéxico

Novidades

Boletíns

Comunicación

Opinión

Contacto

Enlaces

Concellos

Mapa da Web

Idioma
galegocastellano
galegocastellano


Alta participación dos Concellos na fase inicial do Plan Estratéxico da provincia de Pontevedra

Con unha participación de cerca do 95% das enquisas realizadas, finalizou a recollida de información ós Alcaldes e ó resto de líderes da oposición do total dos 62 Concellos da Provincia de Pontevedra.

Un aspecto prioritario que fixou o equipo redactor do Plan Estratéxico é contar coa opinión de todolos concellos da provincia que constituen a base para abordar de xeito eficaz e conxunto asuntos claves para o dinamismo e o desenvolvimento de todalas áreas provinciais.

O modelo de enquisa levado a cabo estructurouse en tres fases, a primeira versou sobre o concello e as liñas de actuación prioritarias para os próximos anos, nunha segunda parte analizaronse as principais oportunidades e freos ós que se enfrenta a provincia nos próximos anos e por último, o terceiro bloque ocupabase da Deputación de Pontevedra, facendo unha importante análise tanto dos servizos que presta como das liñas que deberían centrala sua actuación nun futuro cercano.

Esta primeira fase, das cuatro das que constará o futuro plan estratéxico, completase con unha análise sobre indicadores e un riguroso estudio realizado por expertos da Universidade de Vigo en diferentes áreas temáticas. Paralelamente, terán lugar mesas de debate formadas por expertos.

Asimesmo, realizandose enquisas a todolos responsables técnicos da Deputación, e na primeira quincena de outubro, realizarase unha ambiciosa investigación o traverso de chamadas telefónicas a dous mil cidadans de toda la provincia para así facerlles partícipes no devandito Plan. A mellora da calidade de vida da poboación, como obxetivo último do plan, aconsella contar coa sua opinión para coñecer a percepción actual da institución provincial.

Para a elaboración do Plan Estratéxico, a Deputación de Pontevedra conta, como xa é sabido, co apoio de Caixanova, que a traverso da sua "Escuela para las Administraciones Públicas", dirixe o equipo interdisciplinar de profesionais encargado de recoller todas as aportacións e facilitala formulación de propostas concretas.

A iniciativa de elaborar un plan estratéxico é fruto do compromiso da Deputación de modernizar a institución provincial e adaptala ós retos e oportunidades de novos escenarios como a globalización, a construcción europea ou as próximas reformas administrativas que afectarán ó mundo local.









Pulse aquí para enviarnos un
Correo